Ponteareas | Un Código QR e APPs dispoñibles con información sobre drogodependencia
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas pon en marcha o “programa de prevención do consumo de substancias adictivas en espazos de ocio nocturno e de botellón” coa intención de transmitir á mocidade información axeitada, contrastada, veraz e obxectivasobre as substancias adictivas e promover un estilo de vida saudable.
Xogos, sorteos, folletos, enquisas e análise voluntario son algunhas das ferramentas coas que conta esta campaña que pretende aumentar a percepción de risco no consumo de tabaco, alcohol, cannabis, cocaína e outras substancias adictivas.
Equipados con mochilas nas que levan material informativo e interactivo, o programa percorrerá as rúas de Ponteareas dende as 23 horas ás 02:00 horas para explicar as consecuencias e riscos do abuso de consumo de substancias adctivas propondo actividadesnas que se pretende intercambiar e fomentar hábitos de vida saudables e boas prácticas coamocidade como é a de agasallar uha chapa e unha camiseta.
A campaña porá a disposición da mocidade códigos QR e APPS sobre drogodependencia parainteractuar coa información sobre prevención do consumo destas substancias. Tamén seusarán tablets para cubrir as enquisas voluntarias.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, anima a todos os mozos e mozas a participar nesta campaña e convida ás familias a achegarse e informarse insistindo na importancia da prevención como medida para evitar posibles adiccións e malos hábitos.