Tui – Valença | A Radio Municipal de Tui fará mañá venres, 10 de febreiro, un programa especial dende Valença do Minho, co gallo da sinatura do protocolo da Eurocidade.
A partir das dez da mañá a revista radiofónica “Día da Día” da emisora municipal tudense farase dende a antiga alfándega valenciana, contando ao longo da mañá con distintos convidados entre os que estarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Tamén haberá oco para conversar con outras persoas moi vinculadas a esa relación mutua entre as dúas cidades. Logo a partir das 12.30h poderá seguirse en directo ao través da RMT o acto oficial de sinatura do protocolo da Eurocidade.
Amais entre ás 11h e ás 12 hora española a Radio Municipal de Tui emitirá de xeito conxunto con Radio Vale do Minho, co gallo deste acto institucional.