O Porriño | Na Vila do Louro xa está todo listo para disfrutar do Entroido. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, presentaron hoxe o programa de actos deseñado polo Concello, no que os nenos e nenas xogarán un papel protagonista.
A inauguración da exposición cos preto de 200 debuxos dos nenos e nenas que participaron no concurso escolar de carteis do Entroido foi o escenario elexido para anunciar a programación. Nun acto ao que acudiron os gañadores do concurso e as súas familias, así como representantes de todos os centros escolares, entregáronse os agasallos aos premiados e presentouse oficialmente o cartel das festas.
Valeria Lage, Rubén Rodríguez e Saray Rodríguez (primeiro, segundo e tercer posto respectivamente) serán os encargados de dar o pistoletazo de saída o sábado 26 coa lectura do pregón. As dúas nenas que conseguiron o accesit os acompañarán no balcón da casa consistorial en tan sinalado momento.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, confesou a súa emoción “ao ver as caras de ilusión dos pequenos e pequenas” algo polo que asegurou “merece a pena ser alcalde”. Tal e como indicou o rexedor para él “unha das metas marcadas é facer do Porriño un referente cultural e unha cidade dos e para os nenos e nenas, na que teñan moito que decir xa que serán eles quen a vivan e dirixan nuns anos”.
A mostra cos deseños dos escolares pode visitarse no Centro Cultural Municipal.
Actividades para pequenos e maiores
A programación arranca o sábado 26, ás 12 h, coa lectura do pregón desde o balcón da Casa Consistorial. The Turre´s Band, Batucada Percusión Latexo, Charanga Anchoa, Charanga Fanfarria Furruxa e a Charanga Vai de Baile animarán as rúas do Porriño acompañados polos xigantes e cabezudos.
Pola mañá, celebrarase un showcooking en colaboración con AHOSPOR na praza de abastos. Xa pola tarde, 16h, disputarase o 78º Xogo da Ola, amenizado pola Fanfarria Furruxa, e ás 18h o I Desfile Conxunto de Comparsas de Entroido.
O domingo 27 de febreiro, ás 17h festa infantil na praza do concello e inchables na Praza do Cristo, Avda. de Galicia e O Pinar.
O luns 28 terá lugar un obradoiro para nenas e nenos impartido pola Asociación O Porriño Arte, de 10 a 13h; e o martes 1 desfile de comparsa de Entroido.
O broche de ouro, como non podía doutra maneira, será o mércores 2 cando terá lugar o Enterro da Sardiña co seu tradicional veloiro e lectura de testamento.