O Concello autoriza o gaseoducto de Gas Natural Salceda-Salvaterra cun investimento de 1.443.583 €.
O Concello de Salceda ven de autorizar ás empresas Gas Natural e Gas Galicia SDG. O proxecto de gaseoducto denominado “Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño”, que consiste na canalización cunha lonxitude de 8.430 m, dende o punto de entrega e medida de gas natural conectado ao colector Porriño-Tui situada nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño), cunha superficie de 90m2 que foi arrendada, segundo acordo plenario, por parte do Concello a Gas Natural. O investimento total do proxecto ascende a 1.443.583 €.
O ramal a executar ten comezo no colector Porriño-Tui sito no Alto do Cerquido e atravesará os lugares de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias), Pedracarballa e Torrón (Entenza), ata o límite municipal com Salvaterra onde terá continuidade pola parroquia de Cabreira.
A construcción deste ramal vai posibilitar, a través dun punto de entrega previsto en Pedracarballa, do proxecto de distribución e suministro de gas natural á vila da Esfarrapada, froito da resolución do 25 de Marzo do 2008 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas que otorgou a Gas Galicia a autorización da rede de distribución de gas natural no termo municipal. Gas Galicia SDG xa presentou o proxecto de distribución que será aprobado nas próximas semanas para a súa execución nos vindeiros meses, co obxectivo de que no ano 2013 o centro da vila conte con servizo de gas natural. A rede de distribución polas rúas da vila suman 6.481 m cun orzamento de execución de 266.033€.
Este proxecto conta coas autorizacións e informes favorables da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, que aprobou o Proxecto de execución e recoñeceu a utilidade pública deste gaseoducto de distribución de Gas Natural, da Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental que aprobou o estudo de impacto ambiental, de ADIF no paso do PK ferroviario 144/100 da liña Monforte-Vigo, da Deputación Provincial na zona de afectación da estrada provincial, da Consellaría de Medio Ambiente (Cruce da estrada PO-411 en Revolta), da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola zona de afectación de varios regatos, e da Consellaría de Cultura e Patrimonio, polo que se impoñen unha serie de condicións de estudo arqueolóxico previo polos elementos protexidos por onde discorre (Castro de Eido Vello, Caldeiriñas e Carreiros).
O Concello obterá, a través de taxas e licencias, 33.341€ de ingresos, importante para ás arcas municipais neste periodo de crise económica. Por outra banda as Comunidades de Montes de Entenza e Parderrubias negociaron compensacións económicas polos tramos de monte comunal que atravesarán as canalizacións .
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “aos servizos técnicos municipais de urbanismo polo intenso traballo, en coordinación cos técnicos de Gas Natural, para levar a cabo a tramitación deste proxecto fundamental para o futuro de Salceda e da comarca, xa que este gaseoducto vai a conectar tamén á vila de Salvatera e o Porto Seco”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda asegura que “grazas ao traballo e xestións realizadas por parte do Goberno Municipal, Salceda vai a ter nos próximos meses abastecemento de Gas Natural, que vai a dar a posibilidade de beneficiarse a máis de 4.000 habitantes, con garantías de libre competencia na contratación do distribuidor dunha fonte enerxética, como é o gas natural, que é a enerxía que produce menos emisións dentro das denominadas enerxías fósiles”.