O Porriño | 17 alumnas e alumnos chegados das localidades de Boras, en Suecia, e Poznan, en Polonia, veñen de poñer en común, xunto con estudantes do IES Ribeira do Louro, nun proxecto sobre comercio xusto, que ven de desenrolarse dende setembro de 2016 no marco do Programa Erasmus +.
O ‘Europeans for Fair Trade’ (Europeos para o Comercio Xusto), é un proxecto promovido pola Escola Secundaria 12, de Modjeska, en Polonia, e o Sven Eriksongymnasiet, de Suecia, xunto co IES Ribeira do Louro, que pretende promover valores positivos para a nosa sociedade promovendo o Comercio Xusto.
O mesmo permite a mobilidade de estudantes e profesores coa finalidade de investigar e discutir sobre este tema. Isto levou a familias de estudantes do Ribeira do Louro a acoller nas súas casas a alumnas e alumnos suecos e polacos, que desenvolven un programa formativo e cultura relacionado co Comercio Xusto, elaborado por estudantes e profesores e que permitirá que temas coma ‘Comercio Xusto e Xénero’, ou ‘Comercio Xusto, Banca e Ética’, sexan empregados por estes centros dentro das súas unidades formativas.
Tamén se levou adiante un ‘Concurso de Vídeos’ relacionados con esta temática, que ven de fallarse este venres, e que contou coa colaboración de varios establecementos comerciais de O Porriño relacionados con produtos ecolóxicos, da terra, mesmo unha tenda de informática, que donaron varios dos premios.
Os estudantes do Porriño que participaron neste proxecto viaxarán, o curso que ven a Polonia e Suecia para unha estadía dunha semana con familias dos estudantes suecos e polacos que estiveron aquí.