O Rosal/PSdeG-PSOE | Na xornada deste luns día 17 de abril de 2023 celebrouse na sede dos Socialistas do Rosal a Asemblea da Agrupación Local na que se levou a votación a aprobación da proposta de candidatura de cara aos comicios electorais do 28 de maio.
Nun clima de cordialidade e amizade o Candidato á Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, explicou aos asistentes cales son as persoas que representarán aos Socialistas do Rosal de cara ás vindeiras eleccións, cunha lista na que se conxuga experiencia, formación, compromiso, representación de parroquias e sobre todo, moita ilusión.
Sometida a votación, e sen votos en contra ou obxeccións, aprobouse por unanimidade dos presentes a lista coa que os Socialistas do Rosal se presentan ás eleccións de maio de 2023.
José Carlos quixo agradecer a todos os presentes nesta Asemblea a complicidade e a aposta decidida polo cambio que precisa O Rosal nestes intres, animando a todos indicando que “temos moito que facer polo Rosal” e “a nosa lista é o noso forte para chegar a toda a cidadanía do Rosal”.
O Candidato a Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE engadiu que “dende este momento, temos xa un equipo listo e preparado para representar aos Socialistas do Rosal de cara aos vindeiros comicios electorais de maio de 2023”, insistindo en que “estas eleccións son decisivas para os socialistas e para O Rosal”.
Rematou esta asemblea indicando José Carlos que “O Rosal precisa unha remuda política, novas caras e novas ideas para por O Rosal no mapa e facer da política socialista un garante de futuro para a nosa vila, xerando progreso, riqueza e cumprir as obrigas que outros non foron capaces de cumprir, cun goberno que non vai a deixar a ninguén atrás e que traballará por e para todxs xs veciña/os do Rosal.