Santiago de Compostela | O PSdeG-PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, o Bloque Nacionalista Galego e Grupo Mixto formulan unha proposta conxunta de funcionamento do Parlamento a través da Deputación Permanente estruturada en dúas etapas que inclúe os seguintes puntos.
1.- Funcionamento da Deputación Permanente durante a situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria: 1.1. A Deputación Permanente manterá unha reunión semanal.
1.2. O Presidente da Xunta de Galicia comparecerá en todas as reunións que se celebren.
1.3. En cada reunión da Deputación Permanente comparecerá un conselleiro ou unha conselleira do Goberno da Xunta, que se decidirá por acordo dos grupos parlamentarios.
1.4. Cada grupo parlamentario poderá presentar unha proposición non de lei.
2.- Funcionamento superada a situación de estado de alarma e de emerxencia sanitaria e ata a celebración de novas eleccións. Unha vez determinada a duración desta situación establecerase o
número de iniciativas totais, mantendo os criterios de proporcionalidade no reparto de iniciativas
que para cada período de sesións se viña utilizando. Para esta segunda fase, a proposta das forzas
parlamentarias é a seguinte:
2.1. A Deputación Permanente manterá unha reunión semanal.
2.2. Cada quince días a orde do día incluirá preguntas ao Presidente da Xunta seguindo o esquema establecido para os plenos. Cando non haxa preguntas ao Presidente, haberá unha comparecencia.
2.3. En cada sesión haberá tres interpelacións, que darán lugar ás mocións correspondentes na eguinte reunión da Deputación Permanente.
2.4. Cada grupo parlamentario poderá presentar unha proposición non de lei.
2.5. En cada sesión haberá nove preguntas ao Goberno que se distribuirán entre os grupos
conforme aos criterios establecidos para os períodos ordinarios.