Ponteareas/PSdeG-PSOE | Nos últimos días Delfín Domínguez candidato a alcaldía de Ponteareas polo PSdeG-PSOE está a visitar ás veciñas e veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades así como exporlle algunhas ideas que ten para implantar no rural.
Nestas xuntanzas hai un denominador común que se repite en todas elas, o sentimento xeneralizado de que as parroquias están abandonadas, que todo o investimento se está a facer no casco urbano esquecendo as necesidades da zona rural. A falta de desbroces e limpeza de cunetas son é unha queixa reiterada dos veciños. A única mellora que recoñecen é a renovación do alumeado público.
Delfín Domínguez trasladoulle as veciñas e veciños o seu compromiso de atender as súas lexitimas demandas. O candidato socialista tamén aproveitou as visitas para trasladar as súas prioridades para o rural, como:
– Dotar de saneamento ás parroquias.
– Xeneralizar a Fibra Óptica a todas as casas do rural para ter unha conexión a internet que permita o teletraballo , favorecendo fixar poboación moza nas parroquias
– Creación de un servizo para a retirada de elementos tóxicos contaminantes como a uralita que require que sexa feito por empresas especializadas.
– Articular unha formula para o transporte público subvencionado (microbus, taxi, etc…)
– Plan de desbroce e limpeza de cunetas de carreteiras e pistas municipais.
As veciñas e veciños do noso rural teñen dereito a poder desenvolver o seu proxecto de vida na súa parroquia, e a través das nosas decisións políticas temos que ser quen de que iso sexa así.
Delfín Domínguez xa visitou San Lourenzo de Oliveira, Cumiar e Celeiros, e a vindeira semana as parroquias de Arcos e Santiago de Oliveira, continuando as seguintes semanas ata completar a visita a todas e cada unha das parroquias do noso concello.