Ponteareas/PSdeG-PSOE | Delfín Domínguez aposta por perfís xóvenes e con capacidade contrastada para levar a cabo un novo proxecto para que Ponteareas mire ao futuro con ilusión.
A Delfín Domínguez, Vanesa Fernández e Rubén Pérez acompañaranos na lista socialista pefís contrastados que aportan solvencia e capacidade para atender aos veciños e veciñas.
No número 4 figura Tatiana Vázquez veciña de Pías, enóloga e coñecedora das posibilidades que as nosas terras poden ofrecer á xente moza.
Nos postos 5, irá Tomás González, veciño de Ponteareas, informático de profesión que aportará os seus coñecementos para que Ponteareas sexa unha vila tecnolóxica de futuro.
No posto 6 irá Javier Porto, natural de Xinzo, Licenciado en Ciencias Políticas e Máster en Administración Local, vinculado ao Deporte en distintos clubes da nosa vila.
No posto 7 irá Alexandra Martínez, Graduada en Psicoloxía e Master en xestión de RRHH, veciña de Cumiar, é un exemplo de muller moza, preparada e traballadora que actualmente imparte clases na Universidade de Santiago,
No posto número 8 irá Luis Parra, veciño de Padróns e gran coñecedor do noso medio rural, leva trinta anos traballando na Xunta de Galicia no Distrito Forestal de Ponteareas axudando aos veciños e veciñas.
“Os socialistas de Ponteareas estamos preparados para liderar o novo goberno municipal, contamos coas ideas, as gañas e as persoas axeitadas para abrir unha nova etapa de avances para as nosas veciñas e veciños”, afirma Delfín Domínguez.