Vigo | O PSdeG-PSOE de Pontevedra presentou en Vigo a súa candidatura para as eleccións autonómicas da Xunta de Galicia do vindeiro 18 de febreiro.
Acompañados do Alcalde Abel Caballero, a lista está en encabezada pola ex ministra Elena Espinosa e o voceiro socialista no Concello de Vigo e deputado provincial Carlos López Font. No acto de presentación criticaron o “desleixo” á cidade olívica por parte da Xunta de Galicia.