Salceda de Caselas/PSdeG | Mediante comunicado conxunto, as agrupacións municipais do PSdeG-PSOE e BNG de Salceda ofreceron unha posición común “a piques de chegar á metade do actual mandato” da Alcaldesa Loli Castiñeira e da agrupación Movemento Salceda (MS) na que acusaron de “non existir interese algún” por parte do actual goberno municipal á hora de facer un seguimento dos acordos alcanzados mediante “sinatura pública o 23 de xuño de 2023” e que posibilitaron a investidura de Castiñeira.
Indican a necesidade de “facer unha análise conxunta” deses acordos “aló do debate de proxecto de orzamentos que nos ten presentado o grupo de goberno”. Esixiron así “data e hora” para esta avaliación conxunta a fin de presentar tamén as súas respectivas “medidas correctoras”.