Mondariz/PSdeG-PSOE | A continuación reproducimos integramente o comunicado emitido pola Executiva Local do PSOE Mondariz co respecto ao novo goberno municipal trala dimisión en agosto pasado de Alternativa por Mondariz (AporM)
“A dimisión pública do goberno municipal de Alternativa por Mondariz, así como a súa resposta negativa ao ofrecemento de apoio do BNG, sumado a renuncia deste último de presentar candidato ou mesmo asumir a alcaldía como terceira lista máis votada, coloca ao Partido Popular na alcaldía como segunda forza máis votada.
Como representante da esquerda e nestas circunstancias, por responsabilidade e coherencia, o PSdG-PSOE de Mondariz, a pesar de só dispor dunha concelleira, presentará a súa candidatura á alcaldía, con plena conciencia do reto ao que se enfronta.
Mondariz precisa dunha persoa que saiba unir e non separar, que saiba ceder para negociar e que teña capacidade para chegar a acordos co resto de representantes da corporación. Isto xa se demostrou coa colaboración dos socialistas en gobernos presididos por Alternativa por Mondariz e BNG, por tanto, a candidata a alcaldía Violeta Lois é a persoa adecuada para rematar esta lexislatura ata 2027.
Celebrada a asamblea socialista de Mondariz esta tarde as 20:30h, os militantes da agrupación ratificaron este acordo por unanimidade.
A executiva local socialista de Mondariz”.