Mondariz/PSdeG-PSOE | A voceira do Grupo Municipal do PSOE Mondariz, Violeta Lois, respondeu ao recente comunicado emitido por Alternativa por Mondariz (AporM) no que se informaba da dimisión do goberno municipal.
“Queridos veciños de Mondariz, ante o recente comunicado de AxM da renuncia do seu goberno queremos ACLARAR que:
1. Acúsanos de non aprobar os orzamentos do 2024.
A realidade é que os socialistas estamos en contra da 2o dedicación exclusiva e deixámolo claro nas reunións mantidas. Fixemos unhas enmendas no pleno, que foron debatidas e aprobadas, pero o Alcalde retirou o orzamento e non se puido aprobar. Os socialistas sempre dixemos que íamos aprobar os orzamentos.
2. Ante a retirada do orzamento 2024 os socialistas presentamos un requerimento que está pendente de contestar, xa que nós consideramos que os presupostos están aprobados.
3. O pasado 19 de Agosto pedimos un pleno extraordinario para pagar facturas cun importe de 215.000€ da liquidación que devolveu o Estado do ano 2022; o alcalde non deixou tratar a moción, nin votala, tratouna como un rogo. Quedaron as facturas sen pagar e deixando crecer a deuda intencionalmente.
4. O alcalde envíanos una proposta de modificación do seu salario en 4 partes, dende o Partido Socialista contestamoslle que non podíamos valorar a súa proposta mentres non se de contestación do requerimento presentado do orzamento, xa que se saltarían procedementos administrativos.
5. Agora renuncian e din que gobernen outros, dimitindo nas súas funcións, pero non renunciando expresamente a que goberne a lista máis votada. Con isto preguntamos: que gañan os veciños de Mondariz con esta dimisión, cando o dimitido se reserva o dereito a seguir gobernando sendo a lista máis votada?
A voceira dos socialistas leva un ano vendo como o desorden neste goberno é público e notorio, en varias materias que afectan directamente os veciños, nós sempre mostramos a nosa vontade de diálogo, pero a arrogancia do alcalde sempre fixo inviable os acordos. Os socialistas sempre imos estar ao dispor do mellor para Mondariz, e non imos permitir que se poña a Mondariz en perigo coas súas actuacións, esperamos poder debatir e tomar posición responsable na que obraremos pensando nos veciños”.