Ponteareas/PSOE | O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana iniciou a redación do anteproxecto do novo vial de conexión entre a autoestrada A-52 e a carretera N-120 en Ponteareas.
A N-120 soporta unha intensidade elevada de tráfico, debido á mobilidade que se xenera entre a nosa vila e a área metropolitana de Vigo, polo que cómpre estudar unha nova conexión coa A-52 no entorno do enlace desta última coa carretera PO-403, permitindo así redistribuir os movementos, diversificando os tráficos existentes.
O orzamento estimado da actuación ascende a 7 millóns de euros, dito valor irase axustando ao definirse a alternativa.
Os traballos definirán a alternativa máis adecuada para o novo vial, mediante a diagnose da situación de área de estudo e obtención dos posibles corredores para acoller a nova infraestructura, a definición das alternativas de trazado e posterior selección da máis adecuada para os obxectivos fixados. Asimesmo, desenrolarase a tramitación da evaluación ambiental correspondente.
Dende o Partido Socialista destacamos o compriso, como xa viñamos anunciando, do goberno de Madrid con Ponteareas. Queda así en entredito os argumentos do BNG para votar en contra duns orzamentos, que como se demostra, ainda que non se reflexe unha partida específica nos mesmos para Ponteareas, as actuacións comprometidas na Subdelegación do Goberno seguen o seu curso e avanzan según o previsto.