Ponteareas/PSdeG-PSOE | Este 28 de novembro no pleno ordinario o tripartito PP-ACiP-IP trae na orde do día a sinatura do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a construción do novo centro de saúde da nosa vila.
O goberno municipal segue a insistir en por a disposición da administración galega os terreos que se encontran na rúa Xoan Trovador García de Guillade, preto do cemiterio, terreos que xa foron mercados por preto de 40.000€.
Dende o PSdeG de Ponteareas consideramos un grave erro, ao igual que se cometeu fai 40 anos coa localización do actual centro de saúde. Esta parcela a parte de custarlle as veciñas e veciños de Ponteareas case corenta mil euros, non reúne nin os criterios mais elementais de infraestruturas de comunicación, xa que para chegar ata alí o tráfico ten que circular por rúas estreitas, pola contorna do camiño escolar seguro do Colexio Ramiro Sabell Mosquera, co que isto suporá de perigosidade para as nenas e nenos, a parte de que novamente quedará o centro de saúde lonxe do centro urbano dificultando así o aceso peonil dos usuarios da vila.
Para os socialistas de Ponteareas a localización mais axeitada de todas as posibles que se compartiron cos técnicos da Xunta de Galicia sigue a ser a parcela da entrada o barrio de Canedo o carón da N120, xa que reúne todas as características que entendemos que son boas para os usuarios e tamén para o desenvolvemento económico e social de Ponteareas, a parte de que tería un custe de cero euros para as veciñas e veciño xa que non sería necesario mercala gracias o novo plan xeral aprobado na lexislatura pasada.
A parcela da entrada a Canedo esta perfectamente comunicada coa N120, o que supón un mellor aceso para os vehículos de emerxencia sanitaria, a parte de estar ao carón do casco urbano e preto da estación de autobuses, polo tanto tamén é de fácil aceso peonil para os usuarios tanto do centro da vila, como de todos aqueles que se despracen en autobús ata Ponteareas.
A parte dos accesos que teñen que ser os mellores tanto para o transporte sanitario como para os seus usuarios, os socialista consideramos que unha localización preto do casco urbano suporía un importante empurrón e apoio ao comercio e á restauración da nosa vila, principais motores da economía local e da creación de emprego que temos.
Por último, o que tamén nos parece grave e o papel en todo isto da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, xa que co anterior goberno do que formabamos parte o PSOE, visitaron todas as parcelas, incluída a que o goberno do PP vai propor, e a que eles elixiron foi a da N120, polo tanto preguntámonos que mudou para este cambio de opinión.
O PSdeG levará este tema ao Parlamento galego, xa que nos parecería un escándalo que a administración que ten que velar polos intereses do conxunto das galegas e galegos poida estar prestándose a intereses pouco claros que ten o partido popular nesta nova localización,”
“Os socialistas temos claro que non atende o interese xeral das veciñas e veciños de Ponteareas e si aos duns poucos, como pode ser a clínica sanitaria privada que quedará a poucos metros e que pertence a unha concelleira (PP) do goberno local”.