Ponteareas/PSdeG-PSOE | O pasado día 26 de setembro no último pleno municipal, a unha pregunta do PSOE o goberno municipal confirmou o que era solo rumoroloxía, que efectivamente o novo goberno do PP ofertou unha nova parcela para a construcción do centro de saúde.
Dita parcela está situada na rúa Xoan Trovador García de Guillade, curiosamente moi preta das instalacións da clínica privada propiedade do marido da flamante concelleira do PP, a Sra. Raquel Plana.
Dende o PSOE sempre apostamos por un centro de saúde preto do centro urbán con conexións axeitadas e de fácil acceso para as veciñas e veciños tanto do centro como das parroquias. Esa localización, ao noso entender, pasaba pola antiga nave de “Aceros del Tea”, unha localización no centro, con conexións directas á Nacional 120 así como ao carón da estación de autobuses.
Non obstante, chegamos a un acordo co noso socio de goberno que propoñía outra parcela, ofertando finalmente unha parcela preto da proposta polo PSOE e que tamén cumplía as características que considerábamos imprescindibles para a construcción do novo centro de saúde. Dita parcela ubicábase nunha parcela ao carón da Nacional 120 na entrada ao barrio de Canedo.
A nova localización proposta pola Sra. Nava Castro e o PP de Ponteareas é un total despropósito e solo pode obedecer a posibles intereses escuros dende o punto de vista urbanístico e tamén ao conflito de intereses entre a sanidade pública e a privada.
Tal e como recoñeceu o goberno de Nava Castro no pleno de setembro este cambio de parcela para o novo centro de saúde carece de ningún tipo de informe técnico que o aconselle e responde únicamente a unha decisión partidista.
Como é posible, se non é por intereses inconfesables, que se propoña unha infraestrutura destas características, nunha localización que non ten accesos axeitados, que tería unha clara inxerencia no camiño escolar seguro ao Colexio Público Ramiro Sabell e que se afastaría de todos os servizos da vila.
Dende o PSOE de Ponteareas estamos totalmente en contra desta nova localización proposta pola Sra. Nava Castro e imos pór todos os medio ao noso alcance para que unha cacicada como a que se pretende levar a cabo non sexa unha realidade xa que hipotecaría a Ponteareas como xa o fixo o pai da alcaldesa fai máis de 40 anos cando apostou pola localización do actual centro de saúde afastado da vila.