Ponteareas/PSdeG-PSOE | Os concelleiros socialistas (Vanesa Fernández e Rubén Pérez) e o Sº Xeral (Delfín Domínguez) visitaron o colexio para coñecer de primeira man as deficiencias e perigos que supoñen o estado de uns muros que o colexio leva denunciado dende principios de curso.
O colexio público Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas leva meses denunciando o mal estado no que se atopan os muros que separan o centro das antigas casas dos mestres, muros que ameaza con derrubarse sobre o patio de recreo. Trátase dunha situación de grave risco para a seguridade dos alumnos e as alumnas, que poderían sufrir un accidente en calquera momento.
Con todo, o concello non fixo nada máis para solucionar o problema que colocar unhas ridiculas e ineficaces vallas de obra e cintas plásticas, a pesar das reiteradas peticións da dirección do centro e das familias. Esta falta de acción do concello demostra o seu desinterese pola educación pública e polo benestar dos nenos e as nenas de Ponteareas. É inadmisible que se poña en perigo a vida das persoas por unha cuestión de diñeiro ou de prioridades políticas.
O concello ten a obrigación de garantir unhas condicións dignas e seguras para o desenvolvemento da actividade educativa, e non pode mirar cara a outro lado ante unha situación tan grave como esta. Os socialistas xa rexistramos para o seguinte pleno unha serie de preguntas para que o goberno saia da inacción e se poña de inmediato a resolver o problema de seguridade que existe para as nenas e nenos do colexio antes de que teñamos que lamentar unha desgraza.