Ponteareas/PSdeG-PSOE | A aprobación do PXOM en decembro de 2021, co voto en contra do Partido Popular, permitiu que o goberno PSOE-BNG da anterior lexislatura puidese tramitar a recuperación da Nave de Aceros como espazo cultural. Este proxecto tiña un custe de 637.000 euros e contaba cos permisos necesarios de Patrimonio.
O procedemento administrativo é longo pero puidemos sacar o proxecto a licitación en dúas ocasións. Non foi posible adxudicalo pola subida dos prezos de materiais sufridos en todo o país. Por iso o goberno PSOE-BNG encargou ao arquitecto a adecuación do proxecto aos prezos actuais e entregouse no concello.
Tras as eleccións municipais e a toma de posesión do novo goberno do PP, se lle explicou á Sra. Alcaldesa o que restaba por facer e a présa de facelo para non perder os máis de 600.000 euros de subvención. A Sra. Nava Castro, en lugar de licitar o proxecto coa actualización feita, decidiu encargar un novo proxecto cun único fin electoralista. Así para xustificarse ante o seu electorado de que cumpre co prometido encargou un proxecto de Recuperación da Nave de Aceros para situar a praza de abastos.
A Sra. Alcaldesa e a Concelleira de Urbanismo saben perfectamente que isto non é posible xa que a actuación prevista no proxecto que encargaron non leva ningunha medida sanitaria nin urbanística obrigatoria para poder situar alí a Praza de Abastos, como climatización, ventilación, recollida de augas… O PSOE advirte que o PP non vai lograr realizar a obra de recuperación da estrutura da Nave de Aceiros en tempo xa que o novo proxecto encargado por Nava Castro require das autorizacións pertinentes e o desenrolo previo da área para poder comezar as obras, que teñen que estar rematadas o 31 de decembro deste ano.
Ademais a subvención de Fondos Europeos, aos que o PP votou en contra, está condicionada a que se lle dé o uso para o que foi aprobado no espazo dun ano. Por todo isto hoxe Ponteareas está máis preto de perder máis de 600.000 euros e un espazo cultural por un simple capricho da Sra. Alcaldesa que non dubidará en culpar ao anterior goberno municipal. “Estamos asistindo á primeira gran chapuza do goberno do PP xa que o proxecto aprobado non cumpre sequera os requisitos administrativos legais.
A Sra. Nava Castro e a Sra. Silvia Fernández realizaron un contrato verbal totalmente prohibido na Administración que anula á aprobación do proxecto. Se queren chegar a tempo de recibir a subvención de 600.000 euros deben renunciar a esa ilegalidade administrativa e tramitar o que o goberno anterior deixamos preparado”, afirma Vanesa Fernández voceira do Partido Socialista.