PSOE Ponteareas: “O goberno municipal négase a investir o 1M€ destinado para o saneamento de Ribadetea”

Denunciando así que queren "silenciar a voz" da Plataforma do Saneamento de Ribadetea

Ponteareas/PSdeG-PSOE | A Alcaldesa Nava Castro e os independientes de ACIP votaron en contra da moción presentada polos socialistas para pedirlle á Xunta de Galicia que adxudique canto antes a obra en licitación.

O goberno de Ponteareas négase a investir o millón de euros que acaba de recibir do Estado no saneamento de Ponteareas.

O Partido Socialista de Ponteareas afea a actitude da Alcaldesa Nava Castro durante o pleno municipal celebrado no día de onte, onde estaban presentes unha ducia de membros da Plataforma do Saneamento de Ribadetea.

Aos veciños, que teñen dereito a falar no pleno, non se lles deu a oportunidade de facelo e tiveron que agardar ata as 23:40 da noite para que se tratara o saneamento da súa parroquia. “Non é a primeira vez que ocorre esto nun pleno, xa pasou coa plataforma da sanidade pública do condado”, afirman dende o Partido Socialista.

Sólo puideron debatirse 9 dos 22 puntos que tiña a orde do día do Pleno, entre os que figuraba unha moción presentada polo Partido Socialista sobre o estado da licitación da obra de saneamento en Ribadetea.

A voceira municipal dos socialistas, Vanesa Fernández, explicou a necesidade de que a Xunta de Galicia adxudique canto antes os 3 contratos que ten licitados dende o pasado 2 de febreiro para acometer as obras da primeira fase do saneamento en Ribadetea; obra financiada nun 68% con fondos da Unión Europea.

A voceira socialista recalcou que “investir en saneamento é investir en saúde pública” e que a nova obra de ampliación da depuradora permitirá, dunha vez por todas, acometer o saneamento de Ponteareas exquecido durante décadas.

“Sen ampliación da depuradora non hai saneamento polo que agora é o momento de investir. O goberno de Nava Castro acaba de recibir un millón douscentos mil euros do Estado para gastar no que queira. Os socialistas pedímoslle que o invista en saneamento e non en vestiario, arranxo de maquinaria ou publicidade e propaganda, que é o único que lle interesa ao bipartito de Ponteareas”, afirma a voceira socialista.

Tanto ACIP como o PP votaron en contra da moción presentada polos socialistas impedindo que se lle dese traslado á Xunta de Galicia da preocupación dos veciños e veciñas en que se licite canto antes esta obra. “Nava Castro e Juan Carlos Carrera non queren que a Xunta de Galicia elabore o proxecto necesario para a execución das fases restantes, as fases III, IV e V. Unha vez máis PP e ACIP demostran que en campaña electoral prometen o que despois se negan a facer.

Nava Castro e Juan Carlos Carrera votaron onte en contra dos veciños e veciñas de Ribadetea”, afirma Vanesa Fernández. Pola súa banda a concelleira socialista solicitou ao Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil información sobre a fase II do saneamento e lle instou a resolver canto antes a autorización da execución das obras desta segunda fase.