Tomiño/PSdeG-PSOE | As e os socialistas de Tomiño amosan o seu estupor ante a cualificación por parte do Goberno Municipal de “gran símbolo da nosa arquitectura indiana” a casa da Teonila en Goián cando mesmo a Sra. Alcaldesa Sandra González manifestou públicamente as súas dúbidas de que este edificio fora indiano, e cando permitieron o derrubo doutro edificio indiano na mesma localidade.
O Concello mercou a casa no ano 2020 pasando a ser de titularidade municipal para fins sociais e catalogada como edificio dotacional público no Plan Xeral de Ordenación Municipal, na modificación puntual n° 8 do mencionado PXOM.
Ao estupor añádese o asombro cando lemos na prensa que o Goberno municipal “convida ao vecindario” a dotar a casa da Teonila de un novo uso e anima ás persoas con algunha idea de emprendenento para desarrollar neste novo espazo.
É decir, que o uso para fins sociais non era verdade e logo de gastar preto de 300.000€ de cartos públicos agora pretenden que o seu uso sexa para negocios privados? Para algunhas amizades cecais?