Tomiño/PSdeG | O pasado 31 de maio celebrouse en Tomiño un Pleno Ordinario, logo de máis de dous meses do anterior, incumprindo así, unha vez máis, o acordo do Pleno de Investidura. Levouse ao Pleno, por parte do goberno tomiñense unha modificación de crédito por valor de case 1.000.000€.
O PSOE Tomiño denunciou así mesmo a falla de cumprimento da moción aprobada por unanimidade en novembro de 2020 sobre a gravación e transparencia das sesións plenarias do Concello de Tomiño. Consideraron igualmente que non desbotan acudir á Valedora do Pobo.
As socialistas reprocharon, unha vez máis, a falla de investimento no comercio local e a hostelería. Denunciaron igualmente o “malgasto de 30.000€ nunha Market Place que nunca funcionará”.
Tamén criticaron a escasa achega do goberno local en turismo, cultura, conciliación, igualdade, normalización lingüística e servizos sociais, entre outros.