Tomiño/PSdeG | O pasado luns, 12 de xullo, Tomiño celebrou Sesión Plenaria Ordinaria. Sorprende a opacidade do goberno do BNG ante a importancia e transcendencia dos puntos debatidos e aprobados. Entre outros, unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000€ que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois, a construcción da biblioteca pública.
Por outra banda, foi aprobada inicialmente a modificación puntual n° 9 do PXOM. Se cadra, sorprende máis o oscurantismo neste tema, pois está a exposición pública como corresponde, máis por ningunha canle do Concello foi publicitado, o que non deixa de ser sorprendente cando afecta a moita veciñanza.
As socialistas, pola súa banda, levaron temas de máximo interese para a veciñanza, como a ordenanza fiscal das plusvalías. A voceira, Violeta de Santiago pregunta que é o que está a acontecer con este imposto. Veciñas están a recibir uns recibos desorbitados por herdanzas.
Falamos de moitos miles de euros nesta situación actual de pandemia, pagamentos que moitas familias non poden afrontar e cun total descoñecemento sobre esta taxa municipal inxusta e desproporcionada, ao que o voceiro nacionalista resposta que os veciños deberían ter lido as ordenanzas municipais e volcou as responsabilidades nas asesorías xurídicas do Concello.
Outro asunto que as socialistas puxeron enriba da mesa é o novo trazado da autovía urbana na recta de Figueiró.
-Preguntaron/solicitaron unha reunión cos afectados e cun técnico para a interpretación dos planos. A calada por resposta!
-Preguntaron/ solicitaron habilitar unha oficina xurídica para favorecer que os veciños/as fagan as alegacións que estimen oportunas. A calada por resposta!
– Preguntaron si esta modificación do trazado corresponde a alegacións presentadas polo Concello de Tomiño. A resposta foi: En parte si!!
Por último, e vista a moción aprobada por unanimidade no mes de novembro, presentada polo PSdeG-PSOE, cuxas propostas foron as seguintes:
1°- Instar ao equipo de goberno que dea forma a Posibilidade de RETRANSMITIR as sesións plenarias na WEB municipal.
2°- Que se cree unha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións “íntegras” de todas as sesións plenarias.
3°- Que a emisión e arquivo de ditas gravacións se realicen de forma íntegra e obxectiva, sen ningún tratamento nin edición, garantizando a imparcialidade que require este exercicio de información e transparencia.
4°- Que a través dos recursos propios do Concello, se difunda entre a cidadanía esta ferramenta.
O pasado pleno por fin foi gravado, ou iso cremos, pero nin emitido, nin difundido, nin publicitado… polo que siguen a incumplir o acordado. Por qué votaron a favor si non cren na transparencia? Qué temen? A que ven ese empeño en invisibilizar e agochar a oposición, neste caso ás Concelleiras do PSdG-PSOE?