Publicadas as Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2019 na Guarda

A Guarda | O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2019, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade.
Así preséntanse as bases polas que se rexe a participación nas que se contemplan ata cinco categorías (Carrozas, Comparsas, Grupos, Individual-Parellas adulto e infantil) na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.

Todos/as interesados/as en participar poden ampliar a información nas bases dispoñibles na web www.aguarda.es
O prazo para anotarse estará aberto dende o 19 ata o 26 de febreiro. Os/as interesados/as deberán entregar o formulario de inscrición e a documentación recollida na base 4ª no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.

O Desfile realizarase o vindeiro 5 de marzo, Martes de Entroido, no percorrido habitual entre a Esquina Famosa (Esquina da Rúa San Bernardo ) e a Alameda da Guarda. O veredicto do xurado darase a coñecer, tralo desfile, na correspondente entrega de premios.

A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso.