Publicadas as bases para participar na XIII Feira dos Remedios

O vindeiro 7 de setembro o parque da Feira Vella e a praza Bugallal acollerán unha nova edición desta feira tradicional na que expositores e público retornan a principios do século XX

Ponteareas | Cristina Fernández, concelleira responsable da organización de espectáculos e eventos, informa que xa están publicadas na web do concello de Ponteareas as bases que rexerán a participación na XIII Feira Tradicional dos Remedios que terá lugar o 7 de setembro.

A data límite para inscribirse será o 16 de agosto

Como cada ano a Praza Bugallal, así como a súa contorna, acollerá entre as 10 e as 20 horas os postos dos artesáns e expositores participantes. Este ano a Feira ampliarase e chegará tamén ao parque da Feira Vella.

Todos os e as interesadas en participar deberán inscribirse clikando na seguinte ligazón.

A data límite para inscribirse será o martes 16 de agosto. A organización da feira valorará tódalas solicitudes recibidas, comunicando o día 21 de agosto a participación ou non a cada expositor na XIII Feira dos Remedios, dándolle preferencia a expositores/as inscritos/as no rexistro de Artesáns de Galicia e a produtores/as locais que cumpran os requisitos de dispoñer da documentación necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, así como a aqueles/as que fagan demostración do seu oficio.

É requisito imprescindible para os expositores vir ataviado con vestimenta de principios do século XX, sendo cada ano máis numeroso o público que ven caracterizado con roupa desta época.

As persoas interesadas poderán contactar coa organización no seguinte enderezo electrónico: feiratradicionaldosremedios@gmail.com ou chamando aos números de teléfono 600 685 573 / 673 080 865
As bases poderán ser consultadas na pestaña “Cultura” “bases cultura” da páxina web do concello.

Esta feira que recreará o ambiente comercial de principios do século XX congregará a artesás de produtos de alimentación, de tecidos, de complementos, de cosméticos ou de gando, entre outros produtos e servizos.