Santiago de Compostela | O presidente de PuntoGal, Manuel González González e a Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance, Marina Calvo presentan en rolda de prensa este venres, 14 de abril de 2023, a adaptación ao galego do portal da caixa de ferramentas de ciberseguridade para xornalistas.
O acto terá lugar a partir das 16:30 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo)
O acto contará coas intervencións de:
Valeria Pereiras, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Manuel González, Presidente de PuntoGal
Marina Calvo, Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance
Edita de Lorenzo, Vicepresidenta da AETG/COETG
Gustavo Herva, Xefe da Subárea de seguridade en Amtega