O vindeiro día 9 de xuño seremos chamados a votar. Nesta ocasión votaremos para elixir aos novos deputados que conformarán a asemblea xeral da Unión Europea (UE)
O panorama que se nos presenta resulta bastante preocupante. Corren aires de que Europa vai ser “ocupada” por forzas conservadoras que teñen por horizonte a consolidación dos grandes oligopolios; os que xa veñen controlando a riqueza do mundo dende hai bastantes anos.
No Estado Español aparecen varias forzas políticas que nos chaman a darlles o noso voto. Entre elas existen diferencias importantes. Por unha banda temos aos socialistas que tentan manterse no poder europeo acompañados por outras forzas socialdemócratas de distintos países da UE. De seguido atopamos aos conservadores que din estar en condicións de arrebatar o Poder do Parlamento Europeo para que non se meta coas súas políticas de explotación e de contaminación do territorio. Son os que din NON ao ecoloxismo, NON á inmigración; NON ao control das grandes empresas que cada vez son máis grandes e cada vez pagan menos impostos, tal como xa indicabamos no noso editorial do pasado mes de maio.
Pero hai un elemento novo que non podemos pasar por alto: a presencia de forzas populistas que van contra tódolos avances que ata hoxe se foron conseguindo, sobre todo no eido da descontaminación atmosférica, contra o uso esaxerados dos recursos hídricos, contra os avances en materia de dereitos humanos, etc, etc.
“Hai un elemento novo que non podemos pasar por alto: a presencia de forzas populistas que van contra tódolos avances que ata hoxe se foron conseguindo”
Días atrás Pedro Sánchez, nunha das súas intervencións no Parlamento, fixo alusión ao contido dun libro que, curiosamente, lin tempo atrás: “Cómo mueren las democracias”, dos autores Steven Levitsky e Daniel Ziblatt. Este libro da a voz de alarma sobre os partidos que, dende unha postura populista, chegan ao PODER.
Para ilustrar as súas ideas sobre este peligro lévanos a recordar como chegaron ao Poder dos seus respectivos países figuras tan coñecidas como Mussolini ou Hitler.
No apartado deste libro que se titula “Alianzas fatídicas” comeza cunha Fábula de Esopo: “El caballo, el ciervo y el cazador”, que non me resisto a ofrecerlles polo significativa que resulta para o tema que nos ocupa.
“Un caballo decidió vengarse de un ciervo venado que le habia ofendido y emprendíó la persecución de su enemigo. Pronto se dio cuenta de que sólo no podría alcanzarlo y, entonces, pidió ayuda a un cazador. El cazador accedió, pero le dijo: ‘si deseas dar caza al ciervo debes permitirme colocarte este hierro entre las mandíbulas, para poderte guiar con estas riendas, y dejar que te coloque esta silla sobre el lomo para poderte cabalgar estable mientras perseguimos al enemigo”.
El caballo accedió a las condiciones y el cazador se apresuró a ensillarlo y embridarlo. Luego, con la ayuda del cazador, el caballo no tardó en vencer al ciervo. Entonces le dijo al cazador: “Ahora apéate de mí y quítame esos arreos del hocico y el lomo”. “No tan rápido, amigo –respondió el cazador- Ahora te tengo tomado por la brida y las espuelas y prefiero quedarme contigo como regalo”.
O 30 de outubro de 1922, Benito Mussolini chegou a Roma a bordo dun coche-cama procedente de Milán porque o rei italiano tíñao convidado á capital para xurar o cargo de primeiro ministro e constituír un novo gabinete.
Vestido cun traxe negro, unha camisa negra e un sombreiro tamén negro dirixiuse trunfante cara ao palacio real do Quirinal. En Roma existia desconcerto social. Bandas de fascistas rondaban polas rúas. Mussolini, consciente da forza do espectáculo, presentouse ante o rei e saludouno: “Señor, disculpe mi atuendo. Vengo del campo de batalla”.
A realidade era outra. O groso dos “camisas negras” de Mussolini chegaron a Roma logo de que o Rei convidara ao seu líder a convertirse en Primeiro Ministro. Restaurado o orden político co nomeamento de Mussolini e o socialismo en retroceso, o mercado bursátil disparouse polas nubes. Vellos estadistas aplaudiron e viron en Mussolini un aliado útil. Sen embargo, tal como a Fábula de Esopo, Italia non tardou en atoparse tomada por “las bridas y las espuelas”.
Como chegou Adolf Hitler ao Poder? A súa capacidade para a insurrección quedara demostrada co ataque nocturno a unha cervexería de Múnich onde un grupo dos seus partidarios armados con pistolas se fixeron co control de varios edificios gobernamentais e unha cervecexería de Múnich onde se atopaban congregados funcionarios bávaros. Por este feito pasou 9 meses en prisión. Alí escribiu o seu testamento persoal, “Mein Kampf (Mi lucha)” Logo desta situación, Hitler comprometeuse a chegar ao Poder pola vía electoral.
O Goberno electo en marzo de 1930 desmoronouse en plena Gran Depresión. Entón o Presidente aproveitou un artigo da Constitución que lle permitia nomear a cancilleres non eleitos. Asi chegou Hitler ao Poder como candidato independente pero que contaba co apoio das masas e creían que podía controlar a situación.
As experiencias italiana e alemá exemplifican este tipo de “alianza fatídica” que acaba por elevar a figuras autoritarias ao Poder.
O que pasou despois con estes personaxes históricos dos últimos tempos xa é de sobra coñecido.
Podemos estar en España e tamén a nivel europeo nunha situación semellante?
Aquí coñecemos como partidos presuntamente democráticos blanquean conductas políticas que nada teñen que ver coa democracia representativa. Opcións políticas que insultan aos que son elixidos polas urnas e gobernan o País; que denuncian a chegada de inmigrantes porque din non son nacionais e polo tanto non teñen dereito á vida, que negan a violencia contra as mulleres, a defensa das fontes hídricas en perigo de extinción polo uso abusivo das augas subterráneas, etc. etc.
Nestes momentos asistimos a un bombardeo informativo constante de medios de comunicación que traballan para os seus amos (grandes emporios industriais, grandes entidades bancarias, etc.) que teñen como finalidade aumentar a súa riqueza que logo utilizarán para controlar ás sociedades que non poden enfrontarse ao seu poderío de maneira ningunha.
As vindeiras eleccións europeas non son algo intrascendente que vai celebrarse lonxe das nosas rúas, dos nosos pobos. O que alí se acorde e decida vai afectar as nosas vidas dunha maneira total e asoluta. Hoxe tódolos países membros da UE teñen as súas normas lexislativas dalgún xeito controladas polos acordos do Parlamento Europeo e pola Comisión Europea. Polo tanto temos que examinar con moito coidado a papeleta que metamos na urna o vindeiro día 9 de xuño. Centremos a nosa atención naquelas forzas políticas que nos estean dicindo con claridade que é o que defenden; non teñamos a tentación de apoiar aos que non saben ben, a estas alturas, que van defender; opcións políticas que xa están armando coalicións de Poder sen preguntarse para que as van utilizar; só para controlarnos, dirixirnos.
En España temos opcións politicas que nestes momentos nos ofrecen mensaxes ambiguos; non se atreven a dicir con claridade cal será o seu comportamento unha vez chegados aos órganos de Poder europeos.
“A dereita baila a comba entre os fascismos e os ultrafascismos”
A dereita baila a comba entre os fascismos e os ultrafascismos. Úrsula von der Leyen, para poder continuar á fronte da Comisión, xa está lavandollela cara á fascista italiana Meloni. Feijóo tamén a aceptaría no seu grupo. Di que non é igual aos demais fascistas. Está claro que é mais guapa que Orbán pero non creo que a cercanía de Feijóo teña que ver coa beleza fisica senón coa sua filosofía política.
Meloni permite en Italia as actividades de grupos de activistas contra o aborto, así como un control sobre os medios de comunicación e da Televisión pública. O sindicato de xornalistas iltaliano ven de denunciar o asfixiante control dos partidos contra a RAI.
En Galicia tamén nos xogamos moito. Ou temos unha voz forte que desenmascare a ALTRI ou dende Madrid e dende a Xunta son quen de contaminarnos o futuro e deixarnos sen as nosas rías e os nosos montes libres de contaminación.
A liberalización dos nosos ríos de tantos encoros coas concesións caducadas pero que seguen enchendo os petos das multinacionais, a liberación das nosas carreteras (léase AP-9) que nos ten custado un ollo da cara, a defensa das rías que son a nosa riqueza centenaria e que cada día se ve mais afectada por políticas agresivas, etc. etc. son valores que temos que defender e apoiar aos que sempre os defenderon con unllas e dentes.
Non o esquenzan: o vindeiro día 9 para que poidamos erguer a copa dun bo viño albariño ou espadeiro.