Mondariz | O goberno do Concello de Mondariz informa da alianza da oposición para bloquear o avance da vila e non aprobar os orzamentos do 2024 con partidas orzamentarias decisivas para reducir a débeda, pagar a proveedores locais e mellorar asistencia en servizos sociais e maiores.
O alcalde de Mondariz, Calis Montes, califica de “moi grave e irresponsable” a actitude dos grupos da oposición PP, BNG e PSOE ao negarse a escoitar as propostas do goberno e presentar enmendas conxuntas para bloquear calquera avance sumando sempre os seus votos para impedir calquera mellora.
“Non están aquí para aportar nin contribuír a que Mondariz medre, o seu único obxectivo e complicar a xestión do noso grupo político. Un erro moi grave xa que están a paralizar completamente o día a día de Mondariz. Non pensan nas veciñas e veciños que sufren as consecuencias da súa estratexia política. Isto non é un xogo, co benestar da cidadania non se xoga”.
Esta mesma mañá os tres grupos da oposición en bloque deron ás costas a un orzamento que incluía partidas para pagar a débeda total do 2019 ao 2021 ás entidades menores gobernadas polo BNG e tamén unha partida para o programa de envellecemento activo fundamental para previr problemas de saúde e combater as consecuencias da soidade.
Coa súa negativa tamén bloquearon a partida para limpezas subsidiarias de xestión de biomasa fundamental para evitar incendios e garantir a seguridade da veciñanza e o incremento en partidas como a de mantimento de saneamento, abastecemento e vehículos municipais, todos eles servizos básicos, “unha partida que levaba un incremento para poder pagar facturas a empresas locais que se encargan destas tarefas. Tamén votaron en contra da inclusión de Mondariz no servizo Xantar na Casa indispensable para os nosos maiores”.
Sinala o alcalde que con esta actitude o préstamo de pago a proveedores será de maior importe e convida á oposición a que presenten alcaldesa ou alcalde, “sabíamos cal era a situación económica do Concello pero chegamos aquí para traballar pola mellora da calidade de vida da cidadania e seguiremos xestionando e chamando a todas as portas para conseguir avances a pesar de que a oposición se una para imposibilitar, paralizar e intentar gobernar póndose de acordo para ir en contra de todo o que propón o goberno.
Por ese motivo emprazo á oposición a porse de acordo para presentar xa candidata ou candidato porque se o seu problema somos nós, non queremos que a cidadania sufra as consecuencias desta parálise brutal”
PSOE: “O Alcalde antepón o soldo dos seus tenentes de alcaldes aos intereses dos veciños”
No pleno ordinario do xoves, os partidos da oposición levaron unha enmenda aos presupostos onde pasaban a partida de altos cargos e seguridade social das tenencias de alcaldía (sobre 50.000 €) a outras partidas orzamentarias como son servicios sociais, parque empresarial, ou suministro de combustibles. Estas saíron adiante cos votos a favor da oposición, pero acto seguido, o Alcalde retirou da orde do día os orzamentos despois de ter deliberado as enmendas. Todo isto nun clima de continuas irregularidades plenarias. O alcalde segue nunha nova manifestación autoritaria.
A sorpresa é que en menos de 24h convócanos nun pleno extraordinario urxente. A orde do día era os orzamentos del sen as nosas enmendas. Todo isto en medio dun clima ditatorial. A oposición rexeita a urxencia deste punto.
O alcalde non comprende que dende o partido socialista estamos dispostos a aprobar o orzamento cunha modificación do 7% no gasto, pero sen ampliar os soldos dos políticos.