Mos | Na mañá de hoxe o Conselleiro de Cultura Román Rodríguez acompañado da Alcaldesa de Mos, Nidia Mª Arévalo acudiu no CEIP PENA DE FRANCIA á presentación do proxecto Radioemoción, proxecto impulsado pola Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia dentro das actividades do noventa aniversario da primeira emisión de radio en Galicia
A presentación que tivo lugar esta mañá, iniciouse coa visita á exposición itinerante conmemorativa do proxecto para despois iniciar a emisión do programa de radio na que é fundamental a participación do alumnado do colexio.
Formulando as preguntas aos entrevistados entre os que se atopaban o Conselleiro de Educación, a Alcaldesa de Mos, Francisco Domínguez Xerente da Asociación de Empresarios de Mos, o músico Xulio Lorenzo, autor da música do himno de Mos así como os autores da letra do himno Antonio Barreos i Alma. Tamén participou no programa a florista mosense Noelia Sías concluíndo coa entrevista da directora do Ceip Pena de Francia Elisa María Fernández Guisande.
Este proxecto conta coa colaboración da cadena Sí Radio de Galicia e a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria. E estase a desenvolver nos colexios públicos de 34 concellos da provincia de Pontevedra.
Comeza a actividade extraescolar de Inglés para a obtención do Trinity
Neste programa municipal, organizado en colaboración coas ANPAs, participan 233 escolares e a administración local inviste nel preto de 27.000 euros. A iniciativa é totalmente gratuíta para as familias beneficiarias
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañaron esta tarde ao alumnado do colexio de Petelos no seu primeiro día da actividade extraescolar de Inglés financiada polo Concello de Mos que comeza esta semana nos 5 CEIPs públicos do municipio.
No CEIP de Atín-Cela participan da iniciativa un total de catro grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º cursos (total 50 nenos/as). No CEIP de Petelos, 3 grupos; 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 42 nenos). No CEIP Mestre Martínez Alonso, 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4, 5º e 6º (total 44 nenos), no CEIP Pena de Francia son 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 54 nenos) e no CEIP Mestre Valverde Mayo son 3 grupos de 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 43 nenos). Entre os 5 colexios suman un total de 233 beneficiarios/as desta actividade.
Deste xeito Mos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity e para elo a administración local inviste preto de 27.000 euros. Esta iniciativa promovida polo Concello de Mos faise en colaboración coas ANPAs dos 5 colexios públicos mosenses: CEIPs Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Pena de Francia e Petelos. Trátase do Programa Municipal de Inglés curso 2022-2023.
O programa impartirase durante todo o presente curso escolar dentro das actividades extraescolares organizadas polas ANPAs que se realizan nos centros educativos. As clases teñen lugar un día á semana (en horario de tarde), de luns a venres, en cada CEIP, xa que son 5 colexios. O curso finánciao ao 100% o Concello de Mos investindo un orzamento total de preto de 27.000 euros asumindo o custe total dos profesores. Polo que as familias beneficiarias non terán que pagar nada por cada neno/a participante.
Durante o curso prepararase ao alumnado participante para a obtención do Certificado Trinity. Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente mediante o Trinity College London.
O programa estructurarase dividindo ao alumnado en grupos en función dos seus cursos.
Tanto as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, como as membros das ANPAs mosenses destacan “a importancia que o inglés ten para o futuro académico e laboral dos nosos nenos e mozos, é unha das claves para o éxito profesional e fundamental para desenvolverse en países do estranxeiro. É una ferramenta imprescindible para eles, da que queremos dotalos para que o futuro de Mos estea o mellor preparado posible”, declararon.