Nos últimos tempos Rafael Cuiña aparece nas filas do PPG coma un verso solto; alguén que se atreve a criticar ao seu propios partido cando entende que nos discurre polas canles que el entende debera dicurrir. Esta situación de Cuiña jr. tal vez non sexa moi distinta á que seu pai (q.e.p.d.) defendía; cando afirmaba que o galegusimo que el estaba disposto a asumir chegaba ata os lindes da autodeterminación; para el Galicia era nai e señora.
Hoxe traemos ao xornal www.apeneiradixital.com as respostas de Rafael Cuiña porque entendemos poden ser ilustrativas de como se moven as cousas no eido galeguista/nacionalista.
Rafael Cuiña naceu en Lalín o 13 de xaneiro do 72. Estudiou Dereito na universidade de San Lorenzo do Escorial (adscrita á U Complutense). É vicepresidente do Grupo Aurela e Director Xerente de Improtec Stones 2003 S.L.
É Membro da directiva do IGEa, e de Prolingua. Colabora na Cadena Ser, V televisión e El Correo Gallego.
Milita no sector galeguista do PPdeG
Vde. é un home do PP, sen embargo tense distinguido por manter unha postura algunhas veces enfrontada coas teses deste partido, sobre todo na cuestión lingüística, séntese incómodo dentro do PP?
-Síntome todo o incómodo que me deixa a miña conciencia. Nun partido de 100.000 militantes hai diferentes sensibilidades, recoñecendo a miña liña crítica co goberno galego.
Cre que o PP nestes momentos non está na línea en que pretendía colocalo o seu pai (q.e.p.d.) basado naquela frase xa típica de “Galicia nai e señora”? Creo que Galicia está sendo unha filla non sempre ben tratada?
Evidentemente este PP vai por vieiros moi diferentes aos que pretendía Xosé Cuíña, e tamén en cuestións fundamentais ao propio Manuel Fraga
Nos foros de internet como vde. seguro ten noticia fálase moito de que Cuiña jr. estaria máis cómodo nun partido galeguista socialdemócrata que no seu actual, que hai de verdade ?
-Ideoloxicamente síntome máis socialdemócrata que liberal. O que son sen matices é galeguista.
Vde. mantiña unha grande amizade con Anxo Quintana, cre que o seu traballo non foi ben valorado ou, pola contra, Quintana cometeu errores políticos importantes?
-Algúns non quixeron que o BNG chegase a ser algo máis que o apéndice do PSdeG para gobernar. Por iso foron a por Quintana. El pretendía que o BNG chegase a liderar este país, outros están máis cómodos na trincheira do 10% de apoio.
Coñece perfectamente a situación do BNG. Entende que isto era previsible ou trátase de caprichos e rencillas entre líderes para non deixar o mando?
-Ambas cousas son verdade. Era máis que previsible, e o que queda…
Fálase dunha nova forza política de esquerdas, galeguista e socialdemócrata. Poderia ser un lugar axeitado para vde.?
-Penso que o que pode saír será máis transversal que de esquerdas. Eu son militante do PPdeG, mais o futuro dirá…
Finalmente, díganos que entende está facendo mal o PP para que as constestacións á súa poítica sexan tan contundentes?
-Pouca sensibilidade en temas que afectan a nosa cultura, e as dificultades propias de gobernar nun contexto social de gran crise. Os niveis de paro son alarmantes, e a permisividade coa banca rescatada cos nosos impostos é indígnate. Non coñezo un gran proxecto deste goberno para poder gabalo, mais asusta áinda máis a situación das potenciais alternativas políticas a el.
Moitas grazas.