O Porriño | Catro nenas e nenos saharauis pasarán este ano as súas “Vacacións en Paz” no Porriño. Hoxe, acompañados polas súas familias porriñesas, foron recibidos no Concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e varios concelleiros do Goberno Municipal.
Unha agarimosa benvida Nura, Yusuf, Sabrina que pasarán este verán coas súas familias de acollida no Porriño e a Nura, que o fará coa súa en Atios. Acompañándoos, estiveron tamén Mulay e Muna que viñeron coa súa familia dende Cela.
O rexedor dirixiuse ás familias para agredecer “o enorme labor que facedes, a vosa xenerosidade é visible nos sorrisos destes pequenos” e aos nenos e nenas “que disfruten deste verán ao máximo xunto ás súas familas e todos os amigos que farán no Porriño”.
“Vacaciones en paz” é un programa de acollida temporal de nenas e nenos saharauis durante o verán, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). O Porriño vén participando dende hai anos nesta iniciativa solidaria, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras. Outro dos obxectivos desta iniciativa é facilitarlles a atención médica á que non poden acceder nos campamentos de refuxiados.