“Un heroe é aquel que entende a responsabilidade da súa liberdade”.
Bob Dylan, premio Nobel de Literatura 2016.
Santiago de Compostela | O día 18 de abril do 2009, o sr. Feijoo toma posesión como Presidente da Xunta. Levamos 11 anos de desmantelamento do Sistema Sanitario Público, que ten na pandemia da COVID-19 o seu capítulo máis amargo, ata o de agora…
O número de contaxiadxs é de 119.000, o nº de mortxs é 2.370 (en Residencias de Maiores son o 45%), o nº de persoas con secuelas evidentes por pasar a COVID-19 e o nº de persoas afectadas a nivel económico, social, laboral, etc…é inxente; todo ísto, é o reflexo de como está agora o Sistema Sanitario na Galiza…explicarei o por qué?
As razóns para a mobilización son múltiples e todas importantes. A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, exixe normalizar a asistencia sanitaria nos Centros de Saúde e Hospitais. Que se poda ter unha asistencia de calidade e presencial, é algo que debemos recuperar e poder seguir, tamén, ca atención aos pacientes doutras enfermidades non Covid. A morbilidade e a mortalidade por outras doenzas, tamén aumentou de forma exponencial dende marzo do 2020 cando se decretou o Estado de Alarma no estado español. A Consellaría de Sanidade, debe normalizar as citas presenciais; e cando éstas se solicitan por Internet, debe permitilo (a día de hoxe, está prohibido).
O SERGAS, ten que diseñar un Plan Integral para afrontar de forma eficiente as Listas de Agarda. Ca disculpa da pandemia: as consultas, as probas diagnósticas e as intervencións cirúrxicas, víron retrasada de forma dramática as súas citas, causa tamén do aumento doutras patoloxías.
Temos que ter unha información transparente e un acceso universal ás vacinas: non por dar moita información infórmase mellor. As persoas, teñen moitas dúbidas e iso reflexase na cantidade de chamadas aos C de S para preguntar pola vacinación: onde, como, cando,…o que quere dicir, que información sí…pero correcta: non!
A masificación das consultas sigue producíndose e agora agravada co tema da pandemia. O SERGAS, ca táctica do Sr. Feijoo de “imos a facer….” e non de “fixemos”, ten parada as oposicións, retrasándoas dun ano para outro, e os postos de traballo sin cubrir. A Mesa Sectorial, lugar de encontro cos sindicatos para resolver os problemas dxs traballadorxs e a falta de persoal, sigue en suspenso e a necesidade de cubrir as prazas non se fai. O ter que acumular o traballo dxs compañeirxs que non están, provoca máis masificación das consultas.
A precariedade laboral é algo xá endémico do SERGAS: traballar por días e cobrar por horas, por semans e non pagar o fin de semán, por meses e ter que ir mes a mes a firmar un contrato dunha vacante, son prácticas diarias na “empresa máis irregular que existe”, que é o SERGAS. O tema da inestabilidade e a non conciliación da vida laboral e familiar, e o pan de cada día!
A segunda reforma que fixo o sr. Feijoo da Lei Galega de Saúde do ano 2008, é para sancionar a poboación, a quen fai responsable día a día, dos contaxios producidos. O PP, NUNCA ten a culpa de nada: ou é do goberno central, ou é da oposición en Galiza ou dxs propixs cidadáns,…78 veces ten a palabra “sanción” esta reforma da LGS. Como xa dixemos é inconstitucional en moitos aspectos e así o ten recurrido o goberno central. Xa a primeira reforma, eliminou a participación cidadán na toma de decisións e retirou 4 Áreas Sanitarias vitais para as súas comarcas.
“Cando falamos de “Recuperar o Sistema Sanitario Público na Galiza” o dicimos para informar á xente, non a través dxs voceirxs da Xunta de Galicia, que son moitxs e moi poderosxs, si non para que se coñeza a Sanidade Real e non a que nos contan xs acólitxs de Feijoo”
Cando falamos de “Recuperar o Sistema Sanitario Público na Galiza” o dicimos para informar á xente, non a través dxs voceirxs da Xunta de Galicia, que son moitxs e moi poderosxs, si non para que se coñeza a Sanidade Real e non a que nos contan xs acólitxs de Feijoo.
O 21 de abril, faremos mobilizacións en tódalas localidades da Galiza; en Compostela, verémonos na Praza do Obradoiro, as 20 horas, cada quen co cartaz que considere e gardando as distanzas de seguridade que exixe o protocolo Anti-Covid-19. Cantxs máis sexamos, máis forte lle diremos ó PP e o sr Feijoo o que pensamos da situación actual da Sanidade. Si somos moitxs, terán que escoitarnos e o facelo, terán que actuar, e así melloraremos a Calidade Asistencial da xente.
Anímate e participa!