Lugo | Paula Alvarellos, Alcaldesa de Lugo, recibiu esta tarde a dúas activistas estadounidenses que loitan contra a pena de morte no estado de Alabama.
Se trata da avogada Kacey Keeton e da investigadora do Programa Federal de Defensores/as do Distrito Medio de Alabama, Miriam Bankston, e que na actualidade traballan nunha división especializada en procesos de pena de morte, e en concreto no caso de Rocky Myers, un home con discapacidade intelectual que leva tres décadas no corredor da morte, pese a que o xurado o sentenciou a cadea perpetua despois dun proceso dubidoso e con falta de probas que o impliquen no asasinato polo que foi condenado.
Xunto á Alcaldesa estiveron os voceiros de todos os grupos municipais, que xa no ano 2016 acordaron que Lugo pasara a municipal aprobou ademáis unha declaración institucional solicitando o indulto para este home, a petición de Amnistía Internacional Lugo, que leva o caso, e que tamén estivo representada nesta recepción.
Alvarellos agradeceu a Kacey Keeton e a Miriam Bankson o seu traballo, ao tempo que lembrou que “o Concello de Lugo ao que representamos, e como institución democrática que respecta os dereitos humanos, sempre terá presente o seu compromiso de traballar nos ámbitos da súa competencia para conseguir a desaparición definitiva da pena capital”.