Ourense | Este venres 24 de marzo preto dun cento de persoas xuntaronse para gozar dun recital poético musical no Centro Cultural Marcos Valcárcel, organizado polo EPAPU do Couto e o Movemento Cultural Nos, a Xente do Redor.
O evento coordinado polo director Avelino Jácome, contou coa colaboración das poetas Olga Novoa, Fina Rodríguez Cruz, Victoria Berjano Cid, Piedad Valencia e Marina Sánchez que presentou o acto; da parte musical encargouse o compositor, e tamén poeta, Armando Gónzalez.
Unha hora declamando composiciós poéticas propias ou de poetas consagrados fixeron gozar ao público, que se sumou ó recital improvisando declamacións ou cantando poemas musicalizados ben coñecidos.
Entre o público estaban o profesorado do EPAPU e distintas personalidades, o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o pintor Miguel Ángel Martínez Coello e o escritor e critico Javier Enériz colaboradores habituaís da revista cultural Nós, a Xente do Redor. O acto rematou con todo o público cantando “A Rianxeira” nun estoupido para celebrar a alegría da vida e a chegada da primavera.