Vigo | A recollida de sinaturas en favor da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade chegou este luns ao Estadio Municipal de Balaídos coincidindo co partido que disputarán o Celta e o Betis. Tal e como anunciou o alcalde, a iniciativa estará presente en todos os eventos deportivos que celebre o equipo vigués en Balaídos.
“Temos xa miles e miles de sinaturas, é raro que nas pequenas casetas que poñemos para recoller apoios no haxa colas continuas”, explicou Abel Caballero antes de sinalar que neste momento a campaña xa excede “de longo” as 10.000 sinaturas, recollidas en Gran Vía, Príncipe e a través da web.
A campaña chegou este luns á lonxa do Concello de Vigo e nos vindeiros días tamén pasará pola Porta do Sol, Montero Ríos, Mercado de As Travesas, Avenida Castelao-Alcampo, Centro Comercial Gran Vía, Centro Comercial Travesía, peonil do Calvario e Bouzas.
O rexedor tamén anunciou que xa comezou a campaña de captación de voluntarios para a promoción da candidatura e destacou a implicación dos vigueses “xa que é un motivo que alegra a toda a cidade”.