Arbo | O Concello de Arbo , pon en marcha o próximo 20 de novembro ata o 15 de decembro a Campaña do Nadal de Recollida de Xoguetes.
Esta Campaña é unha acción na que se convida a todos os cidadáns á solidariedade nestas festas do Nadal, compartindo xoguetes novos ou en bo estado cos nenos das familias con menos recursos do municipio.
Os xoguetes poderán entregarse no Concello de Arbo de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas ou o 2 e 3 de decembro en “ArboNadal Mercadillo Solidario” e distribuiranse a través ás familias con menos recursos de Arbo.
Os xoguetes poden consistir en xogos de mesa, bonecas, coches, libros……. deben estar en perfectas condicións e apropiados para nenos/as de entre 0 a 15 anos de idade.
O Concello agradece, un ano máis, a gran solidariedade mostrada por veciños e veciñas cada Nadal, pois co seu xesto fan posible que todas as familias cumpran os soños dos máis pequenos da casa. Por iso, calquera achega por pequena que sexa converteranse nun gran sorriso este Nadal.
“Ven ao teu Mercado tamén en Nadal”
O mercado municipal e o Concello, lánzase á captación de novos clientes e á fidelidade dos xa existentes, cunha campaña de sorteos que premiará a aqueles que opten por facer as súas compras na praza.
Por segundo ano consecutivo, iniciase o vindeiro 15 de novembro a campaña de apoio ao comercio local para a próxima campaña de nadal. “Ven o teu Mercado tamén en Nadal” Os establecementos da Praza do Mercado, por cada compra darán un boleto que os participantes deberán rellenar cos seus datos e depositalo na urna colocada con motivo da campaña, ata ó 20 de novembro Os premios son tres cestas con produtos do Mercado, do comercio local e das adegas de Arbo, valorado o primeiro premio en 120 euros, o segundo en 70 e o terceiro en 50 euros.
A iniciativa foi posta en marcha polo Concello de Arbo que quere dar difusión ao valor da compra de proximidade fomentando a colaboración entre os comerciantes e a administración pública.
Segundo destaca o alcalde da localidade, Horacio Gil, esta actividade foi moi ben acollida o pasado Nadal, polo que volvemos a incluíla nos programas de decembro. O propósito desta campaña, e seguir incentivando o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como poñer en valor a profesionalidade e bo facer dos vendedores.
Mercar na Praza de Abastos de Arbo, é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra – remata o rexedor Horacio Gil. O Sorteo terá lugar o 21 de decembro na Praza do Mercado.