Mos | A Policía Local de Mos informa do elevado índice de actividade levado a cabo a finais do pasado mes de agosto, concretamente nos 10 días comprendidos entre o 19 e o 28 de agosto, realizando un total de preto de 400 actuacións.
Foron 390 intervencións das cales 386 foron probas de alcoholemia (campaña realizada di 19 ao 25 de agosto) nas que tan só 6 resultaron positivas administrativas, e as 4 restantes foron delitos varios: 2 por conducción sen permiso, 1 hurto e 1 atentado a axentes da autoridade.
No caso das conduccións sen permiso unha delas prodúcese o 27 de agosto ás 10.15 horas da mañá no Camiño da Rúa, na contorna do Pazo de Mos. Os dous ocupantes do vehículo circulaban sen cinto de seguridade e, o copiloto, portando a unha nena menor no regazo. O coche tamén carecía de seguro en vigor.
A segundo delito por conducción sen permiso de conducir prodúcese ao día seguinte, 28 de agosto, ás 14.20 horas do mediodía na Estrada Nacional 550 Porriño-Redondela. O conductor carecía de permiso, de ITV en vigor e de seguro para o coche, un Ford modelo Transit Connect que foi inmobilizado pero que, horas despois, concretamente ás 17.50 da tarde, os axentes policiais comprobaron que fora retirado do lugar de inmobilización levándose o cepo.
Pola súa banda o delito de hurto produciuse o 24 de agosto ás 14.40 horas no supermercado Gadis de As Angustias, parroquia de Sanguiñeda. Os feitos desenvolvéronse a raíz dunha chamada á Policía Local de Mos na que se informa de dúas persoas que se dedican a realizar hurtos esporádicos e que se atopan na superficie comercial con risco de delinquir e sustraer mercancías. Acuden ao lugar axentes policiais mosenses que constatan que os dous individuos sustraeran productos tales como carne, peixe, embutido e aceite de oliva; e detectan que se desplazan nun vehículo Opel Astra sen ITV en Vigor.
Por último, o 28 de agosto ás 20.20 horas da tarde, tamén en As Angustias, Sanguiñeda, prodúcese unha inpección rutinaria dun vehículo Suzuki Vitara cuxo condutor se dirixe de xeito ameazante aos axentes que se dirixen a el. Ademais o individuo négase a identificarse, e encara a un dos axentes ao que tira ao chan e propícialle varios golpes que desencadean un forcexeo cos 2 policías locais que reciben, ambos, patadas e puñetados por parte do home. Este foi detido e trasladado ao Centro de Saúde do Porriño para recibir asistencia médica, ao igual que os dous axentes locais intervintes no suceso.