Ribadumia | O Concello de Ribadumia quere informar de que están rematando os traballos de execución do “Proxecto de Rede de abastecemento de auga nos lugares de Lede, Picoña e Muiños” que se están a realizar na parroquia de Lois.
As actuacións previstas consisten en primeiro lugar na demolición do pavimento asfáltico e formigón para proceder, a continuación, a realizar as escavacións mecánicas necesarias e proceder así a instalar as unidades de canalización previstas no proxecto. Remataranse os traballos coa reposición de firmes afectados.
Por este motivo, os veciños e veciñas que o desexen poden achegarse ás oficinas municipais a solicitar o enganche.
Deste xeito, o equipo de goberno municipal acaba de ampliar o servizo municipal de abastecemento de augas, nunha das zonas do concello que carecía dese servizo básico para así mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas afectados.