Referendo.

O referendo de autodeterminación foi posíbel en Quebec tres veces, foi posíbel en Escocia e debería ser posíbel en Catalunya. Iso sería a resolución máis democrática do conflito. O referendo é unha xusta reivindicación de boa parte do pobo catalán e das persoas e institucións que o representan.

“O recoñecemento do dereito de autodeterminación tamén se reclama desde Euskal Herria, desde Galiza e desde Canarias”

Porén o recoñecemento do dereito de autodeterminación tamén se reclama desde Euskal Herria, desde Galiza e desde Canarias. Declárome obxector de conciencia deste Estado e, aínda así, parabenizo a iniciativa a prol dos indultos e do diálogo do Goberno Central; porén a min non me representa o Goberno Central e moito menos o PSOE, pola súa actitude reiterada con Galiza principalmente…).

Castelao dicía que ningún antifascista pode negar o dereito de autodeterminación dos pobos. Só desde o respecto aos nosos respectivos dereitos nacionais se pode construír un Estado verdadeiramente democrático no territorial. E venme á mente outra perla de Castelao: “Galiza deixará de loitar pola súa liberdade cando a conquira”.

“A dereita española ameaza constantemente a convivencia e a propia democracia”

A dereita española ameaza constantemente a convivencia e a propia democracia e a enerxía negativa que proxectan tórnase contra as súas vítimas e tamén contra eles mesma/os. Dicía un dito dun pobo nativo norteamericano que “Deus dálle a cada persoa a súa canción”. Escollede ben a vosa melodía e cantádea, a pesar do medo aos cazadores…

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.