Reforma da piscina climatizada na Cañiza

O alcalde Luís Piña supervisou o comezo das obras

A Cañiza | A empresa CIVIS GLOBAL, S.L.U, adxudicataria do contrato disporá dun prazo de 10 meses a partires deste luns 25 de abril para executar a obra de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL consistente en obras de reparación, mellora nas instalacions e renovacion de acabados nos vestiarios da piscina.

Un proxecto redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 26.07.2021.

Unha obra cun investimento total de 742.747,95€, dos que 689.048,95€ corresponden á execución da obra e 53.699,00€ a costes de redacción de proxectos, dirección de obra e dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde.

Os costes de execución da obra están financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra que aportará 500.776,16€ a través do Plan extraordinario «REACPON» (Reacciona Pontevedra) e 188.272,79€ procedentes do PLAN CONCELLOS 2022-2023 LIÑA 1 de INVESTIMENTOS.

UNHA VEZ MÁIS A CAÑIZA CONTA COA AXUDA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PRESIDIDA POR CARMELA SILVA PARA FINANCIAR O 100% DA REFORMA QUE PERMITIRÁ ABRIR A PISCINA.

A obra cambiará todo o sistema de climatización da piscina. Actuarase en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico. Se calefactará a zona de vestiarios e se sustituirá o uso de gas-oil por pellets co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

Tamén se eliminará o vaso da piscina  pequena para incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2 e o vaso grande quedará a un nivel profundo de 1.30 m e 1.20 m nos laterais, reducindo considerablemente os consumos enerxéticos xa que a piscina tiña unha profundidade  media de 2m.

Outra das novidades deste proxecto será a nova zona de SPA que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas. Terá capacidade para 10 persoas e saunas húmidas e secas.
Unha reforma que permitirá un uso máis polivalente da instalación, incrementar a oferta de actividades de ocio deportivo e aumentar a súa rentabilidade.