Rematada a rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para alugueiro social

O Concello de Tui investiu máis de 425 mil euros nesta actuación

O Concello de Tui finalizou recentemente as obras de rehabilitación de cinco vivendas municipais situadas no antigo cuartel de Caldelas, que se destinarán a alugueiro social. Estas actuacións, supuxeron un investimento total de 425.743,84 euros, dos que o Concello de Tui aportou 175.743,84 euros de fondos propios e o polo Instituto Galego de Vivenda, IGVS 250.000 €.

A rehabilitación das vivendas tivo en conta a eficiencia enerxética das mesmas dende o illamento, á a iluminación con luces led, ou o sistema de calefacción con aerotermia.

Na cinco vivendas foi substituída a carpintería interior e exterior, e modernizáronse as instalacións de fontanaría, saneamento, calefacción, electricidade e telecomunicacións. Cada unha das cinco vivendas foi equipada con mobiliario de cociña e electrodomésticos, e nos baños instaláronse novos sanitarios, mobles de lavabo e mamparas de ducha. Unha das vivendas ‘é adaptada cumprindo os requisitos de accesibilidade polo que na mesma creouse unha nova porta de acceso ao garaxe na fachada oeste, modificouse da rampla de acceso e a redistribuiuse interior para garantir a mobilidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a importancia desta actuación para o municipio sinalando que “esta rehabilitación reflicte o noso compromiso coa política social” e salientando que as melloras enerxéticas realizadas contribuirán ao aforro e á sustentabilidade, beneficiando tanto ás familias como ao medio ambiente”.

O edificio, construído nos anos 70 para albergar o cuartel da Garda Civil desta parroquia tudense, fora reconvertido nun conxunto residencial en 2007. Con esta nova intervención, levouse a cabo unha ampla renovación das vivendas, co obxectivo de mellorar a súa habitabilidade e eficiencia enerxética, para destinalas a alugueiro social.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.