Ourense | Remata Aldearmos coa sensación do traballo ben feito e cun último evento onde se achegaron persoas de todas as idades a gozar da música e da danza realizada dende o rural, tamén da poesía a través da actividade que abriu a tarde en Sobradelo (Xunqueira de Ambía).
En total 300 persoas asistiron a este último pase da barraca cultural organizada polas persoas que fan parte da Rede.
Aldearmos continuará a través da actividade das asociación e proxectos que fan parte da Rede Aldear construíndo rural e ideas para o futuro. Queremos agradecervos, aos medios, a atención prestada e o cariño co que acollíchedes todas as nosas actividades.
Queremos agradecer a presenza da Vicerreitora do Campus de Ourense, do director da AGADIC e do alcalde de Xunqueira.