Arbo | O Concello de Arbo, un ano máis, para frear a expansión da vespa asiática pon a disposición dos veciños de Arbo de maneira gratuíta 50 trampas e 150 botes de cebo, nas mesmas condicións que nos dous últimos anos.
Os interesados que queiran instalar algún destes sistemas de captura en zonas donde se asente esta especie invasora, deberán presentar a correspondente solicitude nas oficinas municipais do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. As entregas faranse por orde de rexistro de entrada, ata agotar existencias.
Dende o Concello informan que frear a expansión da avespa velutina é unha tarefa prioritaria, xa que este insecto invasor incrementou a súa presenza en Galicia desde o ano 2014. “Esta é a época para a colocación destas trampas, para evitar a formación de niños e, desde o goberno, estamos a disposición dos veciños da vila para erradicar coa súa colaboración a proliferación desta especie, ubicando as trampas dentro das súas propiedades, desta maneira hai unha coordinación entre o Concello es os voluntarios e voluntarias que queren participar neste proxecto tan importante. O obxectivo é redobrar esforzos e concentrar os recursos”, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.
A entrega de trampas velutinas polos concellos e a súa colocación e control coa colaboración de veciños e veciñas voluntarios e voluntarias , é unha practica moi usada que se esta adoptando nos últimos meses por moitos concellos de Galicia e que esta acadando un bo resultado.