Mos | O tenente de alcaldesa do Concello de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Servizos Públicos, Baldomero Lorenzo, informaron de que a administración local vén de repoñer un total de 50 tapas de pluviais e alcantarilla que foron substraídas durante a última semana.
Os roubos das devanditas tapas producíronse en catro zonas diferentes: na Estrada Puxeiros-Peinador ao seu paso pola parroquia de Torroso, na Avenida de Sanguiñeda, na Estrada Santiaguiño-Os Valos e na Estrada das Baloutas, preto xa do Alto de Barreiro.
Os representantes municipais Grandal e Lorenzo, explicaron que xa se atopa interposta a pertinente denuncia perante a Garda Civil, que está a investigar os sucesos.
Así mesmo os concelleiros lamentan que se estean a producir “estes feitos que provocaron a desaparición de medio cento de tapas de pluviais e alcantarilla en viais municipais, unha perda valorada en alomenos 2.000 euros”, apuntaron mentres supervisaban esta mañá en Torroso varias das tapas repostas na Estrada das Baloutas.