Residencia literaria na Illa de San Simón

Coa terceira quenda deste evento promovido pola Xunta de Galicia

Redondela | O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe aos escritores que participan na terceira quenda da II Residencia Literaria Illa de San Simón, na que se promove a creación literaria mediante unha estadía de ata dúas semanas neste entorno. Deste xeito, salientou a boa acollida desta proposta o que fixo que nesta última convocatoria se duplicasen as prazas, “ofrecendo a cada vez máis persoas a posibilidade de vivir unha experiencia única mentres traballan nos seus proxectos”.

No marco desta visita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo fincapé no compromiso do Goberno Autonómico co apoio aos creadores e creadoras galegos no eido da creación literaria a través de diversas iniciativas que impulsan como, estas estadías, as axudas á creación literarias ou a organización de feiras do libro, entre outras.