Lalín | Vanesa Trevín Pita, a arqueóloga directora da intervención arqueolóxica realizada no pasado ano 2021 para a valorización turística do Castro de Doade, procedeu a entrega a Manuel Blanco Villar, xerente do Museo Etnográfico Casa do Patrón dos 2.400 restos arqueolóxicos mobles localizados na mencionada campaña, unha vez rematada a súa limpeza, siglado, fotografado, catalogación e inventariado.
Nesta importante campaña, na que se descubriu o lenzo exterior da muralla orixinal do castro, da que quedaron consolidados e musealizados 18 metros de parede, que se poden contemplar no propio xacemento, xunto cos lenzos externo e interno da outra muralla e as vivendas e demais construccións atopadas en actuacións anteriores, agora os visitantes, poderán gozar da beleza dos restos máis representativos, entre os que se atopan varios anacos de cerámica con diferentes decoracións, algúns diles pertencentes ao mesmo cacharro, debidamente encaixados e pegados entre sí, restos de varios muíños circulares e naviformes, etc.
Con esta nova incorporación, os restos arqueolóxicos mobles do Castro de Doade, xunto con algúns machados prehistóricos das mámoas, acadan as 24.000 pezas, maiormente de cerámica, pero tamén líticios (muíños circulares e naviformes, mans de muíño, pesas de teitos e teares, fusaiolas), metais (pezas de ferro e bronce), pallabarro, que aportan gran cantidade de datos e información sobre a vida castrexa no periodo habitacional acreditado neste castro, durante case 1000 anos (dende finais da século V a. de C. ata o século IV d. de C.), dividido en catro fases de ocupación ben diferenciadas.
Próximamente tamén se procederá a entrega da Memoria final da escavación e restauración, coa información detallada e as conclusións da citada campaña”.