Ribadumia | O Concello de Ribadumia informou que este xoves 14 de maio deu comezo á recollida dos viños tipo barrantes e autóctonos que se presentan a concurso para a XLVIII edición da Festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas.
Os viños deberán entregarse no Centro Social San Andrés de Barrantes os días mañá día 14 de maio de 19 a 21 horas, e o 15 de maio de 11 a 13 horas.
As precatas dos viños tipo Barrantes, seguinte paso no concurso, celebraránse os días 17, 18 e 20 de maio a partir das 21 horas no mesmo Centro Social.
Os caldos que pasen estas precatas irán a unhas precatas finais que serán os dias 31 de maio e 1 de xuño.
No caso dos viños autóctonos, as catas terán lugar o 3 de xuño.
Esta programación estará supeditada en todo momento a que a situación epidemiolóxica e as medidas adoptadas en materia COVID permitan a súa realización.