Ribadumia | O Concello de Ribadumia lamenta o pasamento de D. Dositeo Valiñas, párroco de Santa Baia de Ribadumia e San Xoán de Leiro, e fillo adoptivo do noso municipio.
D. Dositeo celebraría este ano o 80 aniversario da súa chegada a Ribadumia onde, con apenas 23 anos, se instalou para levar a cabo a súa vida de dedicación a igrexa.
Durante todo este tempo foi moito máis que un sacerdote para os veciños e veciñas do concello, pois a súa figura estivo ligada ata o último momento ó deporte e a cultura entre outras moitas, xa que colaborou na fundación e expansión de moitas das asociacións e clubes que coñecemos hoxe en día como poden ser o CD Ribadumia, o Naútico o Muiño ou o Plantel Xuvenil entre moitas outras actuacións.
Foi capaz de gañarse o cariño dos seus feligreses xeración tras xeración, sendo moitos os que agora o botaremos de menos.
Trasladamos o noso pésame a familiares e amigos neste momentos difíciles. Dende o Concello de Ribadumia decrétanse 3 días de loito oficial, nos que as bandeiras ondearán a media asta e co crespón negro.
Así mesmo convócase un minuto de silencio o vindeiro venres 26 as 13 h na Casa Consistorial como mostra de respecto e condolências.