Ribadumia | Comezan os traballos de instalación e despregamento da iniciativa WiFi4EU ó abeiro dunha subvención no marco do mecanismo “Conectar Europa” (MCE) por importe de 15.000 € recibida por parte da “Agencia Ejecutiva de Innovación y Redes (INEA)”.
A iniciativa WiFi4EU é un mecanismo de axuda á prestación de acceso gratuíto a redes Wi-Fi en espazos públicos interiores ou exteriores (como locais públicos, centros educativos, bibliotecas, centros de saúde ou parques públicos).
Con ela preténdese dotar de maior conectividade ós edificios e locais públicos e conseguir así un punto de acceso gratuíto para os veciños e veciñas que se achegen ós mesmos.
Para escoller os lugares máis idóneos para a instalación destes puntos de acceso tivéronse en conta os requisitos establecidos no propio convenio de subvención, entre eles a conectividade dispoñible.
Por este motivo, e atendendo ó importe da subvención concedida, realizarase o despregamento na zona da Senra, dando cobertura así ás instalacións do tanatorio municipal, ao campo de fútbol e ao auditorio municipal e na casa de cultura de Besomaño, onde se instalará un repetidor para que aqueles veciños/as que se acheguen ás inmediacións poidan ter acceso.
Deste xeito, o equipo de goberno municipal segue a traballar para acadar o obxectivo de mellorar a conexión a internet en todo o municipio e que todos/as os/as veciños e veciñas dispoñan dun acceso ó alcance da súa man.