Risotto de crema de champiñóns, delicias de porco ibérico e espárragos trigueiros

Para a crema de champiñóns:
1 Dente de allo pelado
100 grs de champiñóns laminados
1 Cebola picada
40 cl de tona líquida para cociñar
Sal e pementa negra
Sofritimos o allo e a cebola, deixamos que caramelice durante uns 40 minutos e engadimos os champiñóns e unha vez que estean dourados engadimos o resto dos ingredientes deixando que reduza un pouco a tona. Trituramos ben ata conseguir unha crema moi fina e reservamos.
 
Para o arroz:
500 grs gramos de arroz bomba cocido
Por un lado introducimos o arroz cocido na crema de champiñóns e a lume moi lento deixamos que se mesture ben coa crema de champiñóns.
Por outro lado salteamos 250 grs de delicias de porco ibérico, 1 presada de espárragos trigueiros cocidos e enfriados, salpimentamos.
Dispomos nun prato o arroz cremoso e enriba o salteado de delicias e trigueiros.
A gastronomía italiana destaca sobre todo pola súa pasta al dente, pero tamén no caso do arroz os italianos atoparon unha forma de cociñalo que o fai inconfundible: un arroz cremoso, brando por fóra pero lixeiramente firme por dentro coñecido como Rissoto.