Salvaterra de Miño | A Festa do Viño do Condado de Tea que se celebra en Salvaterra de Miño é a segunda celebración vitinícola máis antiga de Galicia , só é superada en lonxevidade pola Festa do Albariño de Cambados e no ano 2016 foi declarada de Interese Turístico galego.
Esta edición será os días 25, 26 e 27 de agosto. O pregoeiro deste ano será o presentador e humorista galego Roberto Vilar, unha das caras máis coñecidas da TVG.
O acto de lectura terá lugar o domingo 27 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra.
O resto do programa da Festa do Viño darase a coñecer nos próximos días, segundo informan desde o Concello de Salvaterra. Cada ano, esta celebración trae consigo catas, charangas, concertos e múltiples eventos relacionados coa viticultura.